Logo A paixón de MaríSoliña

Os personaxes

MARÍA SOLIÑA INTERPRETADO POR LUMA GÓMEZ

María Soliña vive en Cangas, vila mariñeira do sur de Galicia. Alí adícase a traballos derivados da pesca, a pricipal fonte de recursos da vila. Cunha idade xa moi avanzada, perde ó seu marido Pedro Barba e ó seu irmán Antón Soliño no ataque que varios barcos corsarios perpetran contra Cangas a comezos do século XVII. Poucos anos despois é acusada de practicar a bruxería e xulgada polo tribunal da Inquisición de Santiago de Compostela. Non foi condenada á fogueira, senon a levar o sambenito durante seis meses e á confiscación de todos os seus bens. Hoxe en día, a historiografía coincide nas motivacións económicas ocultas tras estes xuízos. Despois da condena pérdese a pista de María Soliña, sen que saibamos a data e o lugar da súa morte.

A súa historia foi transmitida de maneira oral para ser tratada por numerosos artistas e historiadores ata convertila nunha nova Xoana de Arco.

HISTORIADOR – XAIME AGUIAR

A longametraxe está estrucuturada por medio da entrevista a un historiador interpretado polo actor Xaime Aguiar, que fai a función de narrador e permite aportar datos que enriquezan a crónica. Grazas a esta figura, queda patente a tensión entre a lenda e a Historia.

ALONSO DE SALAZAR Y FRÍAS INTERPRETADO POR ÁNGEL OUTERELO

Alonso de Salazar y Frías foi un dos tres xuíces inquisidores encargados de xulgar á secta de bruxos de Zugarramurdi. Este xuízo tivo lugar en Logroño e derivou nun dos autos de fe máis famosos de toda a historia da Inquisición Española, polo número de condenados e a base da acusación, que daba crédito á existencia de fenómenos esotéricos derivados da maxia negra. Salazar y Fría adoicou varios anos a percorrer navarra coa teima de demostrar que a acusación carecía de probas baseadas ne razón e na xurisprudencia. A súa investigación concretouse nun memorial que cambiou a lexislación inquisitorial, adiantándose en moitos anos ó pensamento racionalista que aparecería en moitos países de Europa e que suporía o fin da tutela da Inquisición como entidade represora.

TRIBUNAL DA INQUISICIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O tribunal da Inquisición de Santiago de Compostela aparece como a última sucursal da Inquisición Española en ser implantada nos reinos tutelados pola coroa de castela. Galicia era considerada unha terra especialmente necesitada do control inquisitorial pola influenza do xudaísmo, o protestantismo e a pervivencia de cultos e prácticas paganas.

Entre os intregrantes dos tribunais, destacaban os tres xuíces inquisidores - interpretados polos actores SUSO CORTEGOSO, ÁNGEL REGUEIRO e MIGUEL LLANDERAS, por un escribano - MANUEL POMBAL – e un fiscal - ALFREDO RODRÍGUEZ. A casa da Inquisición estaba situada, nos primeiros anos da institución, a carón do mosteiro benedictino de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela. Ademáis das dependencias xudiciais, atopábanse nesta casa os cárceres onde os reos agardaban a condena. Alí habitaban xuíces, xente de servizo e carceleiros, un dos cales está interpretado por MANUEL NOVOA.

BRUXA DE ZUGARRAMURDI - MARTA GONZÁLEZ

Entre os acusados de formar parte da secta de bruxos de Zugarramurdi atopábase xente de toda condición, sexo e idade. Salazar y Frías destaca nos seus memoriais a falta de raciocinio de moitos dos condenados e o feito de que non se podía dar crédito ás súas declaracións.

multimedia · facebook · twitter · blog · contacto

© Productora Faro S.A. - Todos los derechos reservados