Logo A paixón de MaríSoliña

A música

A música de A PAIXÓN DE MARÍA SOLIÑA e un dos valores máis importantes para contar este drama histórico. O músico Iván Salgado deseñou unha banda sonora orixinal de corte clásico para toda a longametraxe. A interpretación musical foi realizada polo Quinteto de cordas Aurum Ensemble no estudio de gravación Gon&Sound de Vigo.

Iván Salgado, asímesmo, lidera o grupo Mel de Meiga. Trátase dunha nova formación liderada pola cantante Eva Carreras que despois da edición do seu primeiro traballo en solitario “Aries Imperfecto” aposta por unha nova etapa con composicións baseadas na música tradicional galega.

‘Crecente’ é o nome do primeiro disco de Mel de Meiga. Eva Carreras está acompañada por excomponentes da formación folk-music: Mutenrohi, O disco foi gravado por Jose Rubio e Iván Salgado e mezclado e masterizado polo produtor Gonso Pedrido. Nél destacan as colaboracións do gaiteiro Anxo Lorenzo, o percusionista David Outumuro e o quinteto de corda Aurum Ensemble.

multimedia · facebook · twitter · blog · contacto

© Productora Faro S.A. - Todos los derechos reservados