Logo A paixón de MaríSoliña

Os localizacións

‘A PAIXÓN DE MARÍA SOLIÑA’ está gravada con novas técnicas de gravación. O formato de gravación fíxose cunha cámara de fotos Canon 5D Markt II aportando unha alta calidade de imaxe, para conseguir o aspecto pictórico nos planos que se precisaba para contar a historial.

Para a rodaxe desta historia, ambientada no século de XVII, bucáronse lugares emblemáticos, tanto en interiores como en exteriores, que puideran aportar credibilidade e nos trasladasen á epoca na que acontece a acción.

MOSTEIRO DE CARBOEIRO (Bandeira – Pontevedra)

Esta localización proporcionaba as condicións idóneas para recrear o Tribunal da Inquisición de Santiago de Compostela e o xuizo a María Soliña. Asímesmo, no entorno do mosteiro ficcionamos a viaxe de Salazar e Frías polo Pirineo navarro en 1614, no seu estudio sobre o proceso de Logroño e as bruxas de Zugarramurdi. O lugar ofrecía un entorno similar ao das montañas navarras pola súa orografía, a paisaxe, a vexetación…

RECTORAL DE BARCIADEMERA (Covelo – Pontevedra)

Nesta localización recreamos o cárcere da Inquisición e a sala da tortura á que levaron a María Soliña mentres durou o xuizo.

No entorno gravaronse as escenas de bruxería de María Soliña, segundo o que dicían as testemuñas do xuizo da Inquisición.

PAZO DE NEGREIRA (Negreira – A Coruña)

No Pazo de Negreira, nunha das casas antigas anexas ao edificio ficcionouse a casa de María Soliña, na que vivía co seu marido. Asímesmo, no mesmo pazo graváronse as escenas do Historiador na que nos vai contando a historia da Inquisición e de Soliña.

EXTERIORES NATURAIS

Outras localizacións de distintas secuencias da longametraxe foron no entorno de Cangas, en Cabo Home, en Moaña, Lalín, Silleda, Santiago de Compostela, Tui, Arbo, Illas Cíes, Vigo, Baiona e Oia.

Asímesmo houbo que desplazarse para gravar algunha secuencia ata os Picos de Europa en León.

multimedia · facebook · twitter · blog · contacto

© Productora Faro S.A. - Todos los derechos reservados