Logo A paixón de MaríSoliña

A inspiración

O punto de partida á hora de escribir o guión desta longametraxe foi a intención de facer unha versión audiovisual da historia de María Soliña, distinguindo entre os acontecementos estrictamente históricos e aquelas crenzas derivadas do universo lendario. A través desta crónica, ambientada no século XVII, preténdese trazar un perfil veraz e alonxado de tópicos do modus operandi do tribunal da Inquisición Española.

A longametraxe estrutúrase por medio da entrevista a un historiador, que sitúa os feitos históricos e comenta o seu trasfondo social. O xénero desta película podería denominarse como “ensaio ficcionado”.

O título, A paixón de María Soliña, ven sendo unha alusión directa ó filme de Dreyer La passion de Jeanne D’arc, polos paralelismos lendarios entre as dúas personaxes de ámbolos filmes. O estilo cinematográfico rinde tributo, á súa vez, á obra do director danés, inspirándose no estilo de filmes posteriores como Ordet ou Dies Irae.

multimedia · facebook · twitter · blog · contacto

© Productora Faro S.A. - Todos los derechos reservados