Logo A paixón de MaríSoliña

Os creadores

ALFONSO CASTAÑO E EMILIO J. FERNÁNDEZ

Os creadores comparten unha interese conxunta polo ámbito do lexendario, o fantástico e o histórico, adicando así varios anos de documentación sobre estes temas aplicados tanto a cultura galega como europea. Ambos confeccionan a escrita dun guión baseado en feitos históricos e estructurado como unha crónica de época. A dirección baseouse nun criterio de excelencia e de respeto pola tradición cinematográfica, pouco habitual neste tipo de traballos: o coidado na iluminación buscando a inspiración na pintura barroca, o deseño dun vestiario específico para este filme e confeccionado con materiais propios da época na procura dun maior realismo e credibilidade nas escenas e nas motivacións dos personaxes. Asímesmo deseñouse unha banda sonora orixinal de estilo clásico para a totalidade da longametraxe e que foi gravada en estudio co quinteto de cordas Aurum Ensemble.

A produción corre a cargo de PRODUCTORA FARO S.A., productora viguesa con moitos anos de experiencia en cine e programas de televisión.

multimedia · facebook · twitter · blog · contacto

© Productora Faro S.A. - Todos los derechos reservados